Etiqueta: teito do petróleo

Sae do prelo do nº -11 da revista 15/15\15

Sae do prelo do nº -11 da revista 15/15\15

Hoxe día 15 o Instituto Resiliencia recibiu os exemplares artesanalmente encadernados do novo libro compilatorio da Revista 15/15\15 para unha nova civilización. Este número será o terceiro desta serie publicado dentro das actividades do CSS, e terá os seguintes contidos, en galego-português, castelán e catalán: 

Propostas para a Lei de Mudanza Climática e Transición Enerxética

Propostas para a Lei de Mudanza Climática e Transición Enerxética

A pasada semana un grupo de científicos e activistas, coordinados polo Instituto Resiliencia (entidade membro do CSS) remitiu un documento analizando as eivas da Lei de Mudanza Climática e Transición Enerxética que prepara o goberno español (aínda na súa versión borrador) e facendo toda unha 

Charla sobre economía, enerxía e colapso na Coruña

Charla sobre economía, enerxía e colapso na Coruña

Enerxía, economía e colapso civilizatorioO pasado venres tivo lugar na Coruña unha conferencia-debate baixo o título “Enerxía, economía e colapso civilizatorio” a cargo de Manuel Casal Lodeiro, coordenador do Instituto Resiliencia, entidade membro do CSS. A charla foi organizada por ATTAC-Galicia, e tivo lugar no local da libraría Berbiriana na R/ Santiago.

Na conferencia e posterior debate co público asistente tratáronse temas como o teito dos combustibles fósiles, a mudanza climática, o sistema agroalimentar, as mudanzas precisas a nivel social, comunitario e persoal para aumentar a resiliencia ante o colapso da civilización industrial. Foi central a cuestión da poboación humana e cómo esta ten superado a capacidade de carga do planeta —momentaneamente— grazas á enerxía achegada polos combusibles fósiles, e como o seu fin abócanos a un colapso poboacional e á necesidade de reducirmos drasticamente o noso consumo per cápita para aminorar no posible esa prevista mortandade.