Charla sobre economía, enerxía e colapso na Coruña
Conferencia e debate na Coruña acerca da insostibilidade dos niveis actuais de poboación e consumo humanos.
Conferencia e debate na Coruña acerca da insostibilidade dos niveis actuais de poboación e consumo humanos.
O pasado sábado 27 de outubro o coordenador do Instituto Resiliencia (entidade membro do CSS), Manuel Casal Lodeiro, inaugurou o VI Encontro sobre Educación e Ecoloxía (Por una nueva cultura de la tierra) que tivo lugar en Madrid organizado conxuntamente por Ecologistas en Acción e …
Desde o campus de Ames do CSS anuncian que o goberno municipal dese concello vén de aprobar unha 3ª tempada do programa de radio realizado conxuntamente polo Instituto Resiliencia e mais pola asociación local Ames Pospetróleo.
O programa leva xa 28 emisións desde o pasado ano, e a partir do seu programa nº 29 vaise integrar nas actividades educativas e de difusión da problemática da sustentabilidade do noso CSS. Leva por título Vivirmos nun mundo finito, e ademais do seu coordenador Manuel Casal Lodeiro, conta coa participación habitual de Xoán R. Doldán (CSS), Ramóm Flores (Véspera de Nada) ou Emilio Román (Ames Pospetróleo).
O programa pode captarse no término municipal de Ames e na contorna, e tamén seguirse por Internet (ao vivo desde o web municipal, e en diferido mediante podcasts dispoñibles desde o web de Ames Pospetróleo).
A primeira emisión desta nova tempada será o luns 22 de outubro de 2018, e a derradeira o 22 de decembro.
Manuel Casal Lodeiro (Instituto Resiliencia): “Algunos expertos proponen sustituir el objetivo de la sostenibilidad por el de la resiliencia: no tratar de evitar un colapso ineludible, sino buscar la mejor adaptación posible para mantener las funciones esenciales de una civilización humana”