20 Novos artigos para «Saber Sustentar»
Estes son os 20 artigos publicados no 3º ano do blog Saber Sustentar.
Estes son os 20 artigos publicados no 3º ano do blog Saber Sustentar.
O pasado día 7 o coordinador do Instituto Resiliencia deu unha charla ao alumnado de 4º de Primaria do colexio de Ventín, en Ames.
O pasado venres tivo lugar na Coruña unha conferencia-debate baixo o título “Enerxía, economía e colapso civilizatorio” a cargo de Manuel Casal Lodeiro, coordenador do Instituto Resiliencia, entidade membro do CSS. A charla foi organizada por ATTAC-Galicia, e tivo lugar no local da libraría Berbiriana na R/ Santiago.
Na conferencia e posterior debate co público asistente tratáronse temas como o teito dos combustibles fósiles, a mudanza climática, o sistema agroalimentar, as mudanzas precisas a nivel social, comunitario e persoal para aumentar a resiliencia ante o colapso da civilización industrial. Foi central a cuestión da poboación humana e cómo esta ten superado a capacidade de carga do planeta —momentaneamente— grazas á enerxía achegada polos combusibles fósiles, e como o seu fin abócanos a un colapso poboacional e á necesidade de reducirmos drasticamente o noso consumo per cápita para aminorar no posible esa prevista mortandade.