Charla sobre o futuro da alimentación e da enerxía, no C.E.P. Ventín
O pasado día 7 o coordinador do Instituto Resiliencia deu unha charla ao alumnado de 4º de Primaria do colexio de Ventín, en Ames.
O pasado día 7 o coordinador do Instituto Resiliencia deu unha charla ao alumnado de 4º de Primaria do colexio de Ventín, en Ames.
Hoxe día 15 o Instituto Resiliencia recibiu os exemplares artesanalmente encadernados do novo libro compilatorio da Revista 15/15\15 para unha nova civilización. Este número será o terceiro desta serie publicado dentro das actividades do CSS, e terá os seguintes contidos, en galego-português, castelán e catalán: …
Manuel Casal Lodeiro, coordinador do Instituto Resiliencia, unha das entidades que fan parte do Centro de Saberes para a Sustentabilidade, vén de publicar un artigo na sección Ás Ceibas da revista Luzes, do que ofrecemos aquí a versión completa co seu título orixinal.
A práctica totalidade das políticas públicas deseñadas e postas en andamento na actualidade en calquera país do mundo, aséntase sobre unha falacia lóxica: considerar que, mutatis mutandis, todo vai ser como até o de agora. Aínda por riba isto atenta fondamente contra un principio supostamente sagrado, malia non exento de polémicas permanentes encol da súa aplicación, na política moderna: o principio de precaución.
Todos temos unha idea intuitiva da importancia da precaución, e coñecemos casos nos que se aplica, como principio, ás políticas públicas, nomeadamente no que atinxe ao medio ambiente e á saúde pública. Moito máis descoñecida, porén, é a falacia que o pensador ecoloxista británico David Fleming denominara “the Fallacy of the Permanent Present” (no seu libro Lean Logic: A Dictionary For the Future) e pola que se lle dá un peso indebido ás condicións do presente cando temos que considerar unha opción con consecuencias a longo prazo.
O pasado sábado 27 de outubro o coordenador do Instituto Resiliencia (entidade membro do CSS), Manuel Casal Lodeiro, inaugurou o VI Encontro sobre Educación e Ecoloxía (Por una nueva cultura de la tierra) que tivo lugar en Madrid organizado conxuntamente por Ecologistas en Acción e …
Neste mes de xullo sairá do prelo un novo libro compilatorio da Revista 15/15\15 para unha nova civilización, editado polo Instituto Resiliencia, unha das entidades cofundadoras do CSS. Este número será o primeiro publicado dentro das actividades do CSS, e terá os seguintes contidos, en …