Etiqueta: ames

14 de xuño en Bertamiráns: Laboratorio nómade para a preparación comunitaria ante a crise ecosocial

14 de xuño en Bertamiráns: Laboratorio nómade para a preparación comunitaria ante a crise ecosocial

A artivista Marta Moreño Muñoz ofrecerá en Ames a sesión piloto do seu laboratorio nómade de investigación-acción.

Charla sobre o futuro da alimentación e da enerxía, no C.E.P. Ventín

Charla sobre o futuro da alimentación e da enerxía, no C.E.P. Ventín

O pasado día 7 o coordinador do Instituto Resiliencia deu unha charla ao alumnado de 4º de Primaria do colexio de Ventín, en Ames.

Achega do Instituto Resiliencia ao debate das ANPAs galegas sobre o ensino no rural

Achega do Instituto Resiliencia ao debate das ANPAs galegas sobre o ensino no rural

Convidados pola ANPA As Brañas da localidade de Ames, onde ten situada a súa sede, o Instituto Resiliencia elaborou un breve documento cunha serie de comentarios e recomendacións de cara ao proceso de impulso dun Plan específico para o ensino no rural galego.

Dentro do mesmo fíxeronse achegas nos seguintes temas:

  • Vantaxes do rural.
  • Situación do galego.
  • Tipoloxía dos centros.
  • Transporte escolar.
  • Mínimos de alumnado.
  • Internet e dixitalización.
  • Formación accesoria.
  • Profesorado con formación específica.
  • Outros temas.

O documento, que contou coa colaboración doutras das entidades promotoras do CSS, a Fundación Montescola, dispoñibilízase hoxe para a súa libre descarga e difusión.

Download “Achegas do Instituto Resiliencia ás ANPAs galegas acerca de "Un plan específico para o ensino no rural galego"” notas-para-xuntanza-online-sobre-ensino-no-rural-v1-1-paraPublicacion.pdf – Downloaded 644 times – 95,81 KB
Remata a 5ª tempada do programa de radio «Vivirmos nun mundo finito»

Remata a 5ª tempada do programa de radio «Vivirmos nun mundo finito»

Quinta tempada do programa, realizado conxuntamente por Ames Pospetróleo e o Instituto Resiliencia.

Remata a 4ª tempada do programa de radio «Vivirmos nun mundo finito»

Remata a 4ª tempada do programa de radio «Vivirmos nun mundo finito»

Cuarta tempada do programa, realizado conxuntamente por Ames Pospetróleo e o Instituto Resiliencia.

Remata a 3ª tempada do programa de radio «Vivirmos nun mundo finito»

Remata a 3ª tempada do programa de radio «Vivirmos nun mundo finito»

Vivirmos nun mundo finito, programa de Ames RadioRematou a 3ª tempada do programa Vivirmos nun mundo finito que se emite nas ondas da emisora municipal Ames Radio, conducido por Manuel Casal Lodeiro en nome do Instituto Resiliencia e da asociación Ames Pospetróleo, a primeira que se realiza como parte das actividades do Centro de Saberes para a Sustentabilidade.

Velaquí unha lista dos programas que conformaron esta tempada:

  • Programa nº 29, 22/10/2018: “O Centro de Saberes para a Sustentabilidade”. Entrevista: Xoán Doldán. Tema musical: Enter Shikari. [Escoitalo en iVoox] [Descargar MP3]
  • Programa nº 30, 29/10/2018: “A dimisión de Monsieur Hulot”. Tema musical: Charles Aznavour. [Escoitalo en iVoox] [Descargar MP3]
  • Programa nº 31, 05/11/2018: “Calculando o final do petróleo dispoñible”. Entrevista: Pedro Prieto. Tema musical: Frankie Goes To Hollywood. [Escoitalo en iVoox] [Descargar MP3]
  • Programa nº 32, 12/11/2018: “Estado de emerxencia (intectual e climático)”. Entrevista: Ferran Puig Vilar. Tema musical: Paul McCartney. [Escoitalo en iVoox] [Descargar MP3]
  • Programa nº 33, 19/11/2018: “Estado de emerxencia (intectual e climático), 2ª parte”. Entrevista: Ferran Puig Vilar. Tema musical: Enter Shikari. [Escoitalo en iVoox] [Descargar MP3]
  • Programa nº 34, 26/11/2018: “O coche eléctrico, en Ames e en España”. Tema musical: Queen. [Escoitalo en iVoox] [Descargar MP3]
  • Programa nº 35, 03/12/2018: “Que está a pasar cos combustibles?”. Tema musical: Maya Barsony. [Escoitalo en iVoox]
  • Programa nº 36, 10/12/2018: “Transición enerxética ou Estado de emerxencia?”. Entrevista: Marga Mediavilla. Tema musical: Jamiroquai. [Escoitalo en iVoox]
  • Programa nº 37, 17/12/2018: “Sobriedade dixital”. Tema musical: Bad Religion. [Escoitalo en iVoox]
  • Programa nº 38, 24/12/2018: “Consumismo ou consumo responsable?”. Entrevista: Toni Lodeiro. Tema musical: Siniestro Total. [Escoitalo en iVoox]
Comezan as emisións do programa de radio «Vivirmos nun mundo finito»

Comezan as emisións do programa de radio «Vivirmos nun mundo finito»

Desde o campus de Ames do CSS anuncian que o goberno municipal dese concello vén de aprobar unha 3ª tempada do programa de radio realizado conxuntamente polo Instituto Resiliencia e mais pola asociación local Ames Pospetróleo. O programa leva xa 28 emisións desde o pasado