Presentación
Son fins principais da asociación:
- A defensa, coñecemento, conservación e desenvolvemento sociocomunitario da
comunidade veciñal de Lentille, así como da súa historia, tradicións, costumes,
patrimonio, medio natural, recursos e modo de vida. - A defensa e posta en valor dos territorios e bens que ancestralmente pertencen á
comunidade de Lentille, promovendo a recuperación e recoñecemento da titularidade,
gobernanza e xestión veciñal sobre os mesmos. - O estudo, a conservación, a promoción e a defensa do patrimonio natural, cultural e do
ambiente, particularmente na contorna do lugar de Lentille e da súa comarca. - A conservación, defensa e estudo dos sistemas fluviais e a súa biodiversidade.
- A custodia do territorio e do patrimonio histórico, natural e etnográfico, así como o
voluntariado ambiental. - Protexer e defender o medio ambiente, en particular a fauna, a flora, a xea e as paisaxes,
a través da gobernanza e conservación comunitaria. - Promover formas sustentábeis de desenvolvemento e traballar por unha transformación
global da sociedade e das súas relacións económicas e sociais, en especial a protección
da actividade gandeira, agrícola, forestal e apícola, entre outros aproveitamentos
tradicionais respectuosos co ambiente. - Promover a educación ambiental e sobre a sustentabilidade mediante o coñecemento e
recoñecemento das prácticas de gobernanza e conservación comunitarias.
Representante no CSS
Paulo Vaamonde Espasandín.
Sitio web
(…)
Nas redes sociais
https://www.facebook.com/Asociación-Veciñal-de-Lentille-1257253527783274/
Situación
Lentille, Cenlle (O Ribeiro)