14 de xuño en Bertamiráns: Laboratorio nómade para a preparación comunitaria ante a crise ecosocial
A artivista Marta Moreño Muñoz ofrecerá en Ames a sesión piloto do seu laboratorio nómade de investigación-acción.
A artivista Marta Moreño Muñoz ofrecerá en Ames a sesión piloto do seu laboratorio nómade de investigación-acción.
Inclúe o PDF da presentación.
Con motivo das eleccións ao Parlamento de Galicia, e asesorado por destacados especialistas, o Instituto Resiliencia vén de publicar unha batería de medidas para afrontar desde a Xunta de Galicia o problema de saúde pública do gas radon, que fará chegar aos partidos que se presentan á cita electoral autonómica.
O documento pódese descargar e difundir libremente desde esta mesma páxina.
Proposta de medidas para afrontar o problema do radon (496 downloads )En outono de 2022 o Instituto Resiliencia entregou a Yayo Herrero, coordinadora de propostas para o proxecto político Sumar na área de Transición Ecolóxica Xusta, o documento que hoxe facemos público e ofrecemos para descarga e libre consulta, tras un proceso de elaboración colaborativa no …
Estes son os 20 artigos publicados no 3º ano do blog Saber Sustentar.
No blog do manifesto Derradeira Chamada deuse a coñecer esta semana a tradución ao español realizada polo Instituto Resiliencia (coa inestimable colaboración de Jorge Riechmann) dun novo manifesto publicado nos EUA. O Citizens’ Warning on Overshoot and Collapse fora lanzado hai pouco por The Real Green New Deal Project conxuntamente coos autores do libro Bright Green Lies (Brillantes mentiras verdes).
É da autoría de Megan Seibert e conta co apoio como asinantes iniciais de William Rees, Ron McCormick e Alice Friedemann (tamén do Real GND) así como de Derrick Jensen, Max Wilbert e Lierre Keith, autores do citado libro.
A Advertencia pode ser apoiada por calquera persoa asinando mediante un formulario de Google ou mediante un correo electrónico aos responsables do Real GND.
Unha década compartindo información, debates e estratexias entre un número de científicos, divulgadores, activistas e persoas que participan activamente en política, que xa está preto de alcanzar as 100 persoas.
Saiu do prelo un novo libro compilatorio da Revista 15/15\15 para unha nova civilización. Este volume de verán boreal 2021 ten os seguintes contidos:
O pasado día 7 o coordinador do Instituto Resiliencia, Manuel Casal Lodeiro, deu unha charla ao alumnado de 4º de Primaria (9-10 anos) do colexio de Ventín, en Ames (A Coruña).
A charla estivo inspirada principalmente nun exercicio didáctico de Pedro Prieto, e no concepto dos escravos enerxéticos de Buckminster Fuller empregando imaxes do comic de Stuart McMillen.
Download “Presentación sobre o futuro da alimentación e da enerxía (para 4º de Primaria)” 20200507-charla-ventin-ManuelCasalLodeiro-v0-2-fullscreen.pdf – Downloaded 1985 times – 6,11 MBSaiu do prelo un novo libro compilatorio da Revista 15/15\15 para unha nova civilización. Este volume de inverno boreal 2020-21 ten os seguintes contidos: Editorial “Hacia la década decisiva con absurdos termodinámicos y lógicas neocolonialistas” Analysis + Reflexio “Decrecer, desdigitalizar —quince tesis” — JORGE RIECHMANN …