14 de xuño en Bertamiráns: Laboratorio nómade para a preparación comunitaria ante a crise ecosocial

14 de xuño en Bertamiráns: Laboratorio nómade para a preparación comunitaria ante a crise ecosocial

Laboratorio nómade de investigación-acción para a preparación comunitaria ante a crise ecosocialA sesión enmárcase nunha liña de investigación de Marta Moreno Muñoz centrada na intersección de ecopedagoxía, ecoespiritualidade e prácticas comunitarias en contextos de crise ecosocial, vencellada á súa tese doutoral El arte como experiencia de disolución del sujeto. Hacia una práctica artística en tiempos de colapso.

O encontro propón un primeiro espazo piloto de investigación-acción orientado a explorar formas de aprendizaxe colectiva e preparación ante escenarios de colapso, integrando as dimensións materiais, relacionais, emocionais, éticas e tecnoloxías low-tech, xerando coñecemento situado e encarnado.

Os contidos xerados nesta exploración compartida darán lugar a unha posterior publicación na revista 15/15\15.

Esa sesión experimental será ofrecida polo Instituto Resiliencia e a asociación Ames Pospetróleo, coa colaboración do Concello de Ames, e como actividade do Centro de Saberes para a Sustentabilidade. Terá lugar no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, o domingo 14 de xuño en horario de 15:00 a 19:00 h.

Para participar é preciso inscribirse enviado un correo electrónico ao Instituto Resiliencia.

Debes tener el Javascript activado para poder abrir un email desde esta hiperimagen

Laboratorio nómade de investigación-acción para a preparación comunitaria ante a crise ecosocial



Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.