Transición enerxética ou descenso enerxético? (Palestra no IES d’O Milladoiro)
O pasado día 24 de abril o coordinador do Instituto Resiliencia, Manuel Casal Lodeiro, ofreceu unha palestra ao alumnado de 1º curso de Bacharelato no Instituto do Milladoiro, convidado pola biblioteca do centro. Posteriormente emitiuse dentro do espazo Vivirmos nun mundo finito, en Ames Radio, un programa especial complementario para ampliar información tanto ás persoas asistentes como ao resto da audiencia deste espazo tamén ofrecido polo I.R. xunto coa asociación local Ames Pospetróleo.
Pódese descargar desde aquí o arquivo (PDF, 18,5 MB) coa presentación utilizada.
Transición enerxética ou descenso enerxético? (Presentación) (2 downloads )