Publicada en castelán a «Advertencia cidadá sobre a extralimitación e o colapso»

Publicada en castelán a «Advertencia cidadá sobre a extralimitación e o colapso»

Advertencia ciudadana sobre la extralimitación y el colapsoNo blog do manifesto Derradeira Chamada deuse a coñecer esta semana a tradución ao español realizada polo Instituto Resiliencia (coa inestimable colaboración de Jorge Riechmann) dun novo manifesto publicado nos EUA. O Citizens’ Warning on Overshoot and Collapse fora lanzado hai pouco por The Real Green New Deal Project conxuntamente coos autores do libro Bright Green Lies (Brillantes mentiras verdes).

É da autoría de Megan Seibert e conta co apoio como asinantes iniciais de William Rees, Ron McCormick e Alice Friedemann (tamén do Real GND) así como de Derrick Jensen, Max Wilbert e Lierre Keith, autores do citado libro.

A Advertencia pode ser apoiada por calquera persoa asinando mediante un formulario de Google ou mediante un correo electrónico aos responsables do Real GND.



Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.