Achega do Instituto Resiliencia ao debate das ANPAs galegas sobre o ensino no rural
Convidados pola ANPA As Brañas da localidade de Ames, onde ten situada a súa sede, o Instituto Resiliencia elaborou un breve documento cunha serie de comentarios e recomendacións de cara ao proceso de impulso dun Plan específico para o ensino no rural galego.
Dentro do mesmo fíxeronse achegas nos seguintes temas:
- Vantaxes do rural.
- Situación do galego.
- Tipoloxía dos centros.
- Transporte escolar.
- Mínimos de alumnado.
- Internet e dixitalización.
- Formación accesoria.
- Profesorado con formación específica.
- Outros temas.
O documento, que contou coa colaboración doutras das entidades promotoras do CSS, a Fundación Montescola, dispoñibilízase hoxe para a súa libre descarga e difusión.
Download “Achegas do Instituto Resiliencia ás ANPAs galegas acerca de "Un plan específico para o ensino no rural galego"” notas-para-xuntanza-online-sobre-ensino-no-rural-v1-1-paraPublicacion.pdf – Downloaded 100 times – 95,81 KB