Contra a censura arbitraria de Facebook á divulgación da ciencia académica

Contra a censura arbitraria de Facebook á divulgación da ciencia académica

Quen subscribimos este texto —un amplo grupo de persoas do ámbito da ciencia, a filosofía, a economía, a enxeñaría e a divulgación da crise ecolóxica e da crise climática e enerxética— denunciamos a censura por parte de Facebook de narrativas con base científica comprobable aínda que non coincidentes co discurso oficial que chega ao gran público e mais aos profesionais.

Así, a divulgadora científica británica Gaia Vince, que publica en Science, New Scientist e The Guardian, veu o seu web recentemente censurado por Facebook.

Captura dunha mensaxe de bloqueo de Facebook ao intentar compartir un artigo de Ferran Puig Vilar.
No Estado Español está censura vense de iniciar co bloqueo por parte de Facebook ás ligazóns ao blog sobre Mudanza Climática e temas relacionados Usted no se lo cree, de Ferran Puig Vilar, fundado en 2009 e galardonado pola Fundación Bioversidad, premio que fora entregado no seu día pola actual Ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera.

Desde cando menos o pasado mes de agosto, cando unha persoa usuaria desexa partillar unha ligazón a un destes blogs, Facebook responde con distintas mensaxes de alerta indicando que estes sitios web non cumpren cos seus “community standards”, ou mesmo que realizan spam, sendo isto rotundamente falso. Isto causa un duplo dano: por unha banda fúrtase o acceso ás informacións publicadas por estes prestixiosos divulgadores; por outra, de maneira sibilina, proxéctase unha velada acusación de falsidade sobre os contidos. En definitiva, silénciase e calúmniase.

As persoas que subscribimos esta denuncia, moitas de nós editoras tamén de diferentes espazos de comunicación e divulgación en Internet (véxase listaxe ao final), afirmamos que o rigor científico e a honestidade intelectual caracterizan o traballo de ambos estes dous autores de forma destacada, e denunciamos este ataque por parte da empresa Facebook á liberdade de expresión.

Así mesmo, compartimos as seguintes constatacións en relación coa crise civilizatoria e existencial en curso:

  1. A gravidade da Mudanza Climática é moito meirande do que se adoita recoñecer nos medios de comunicación convencionais. Os acordos de París son manifestamente insuficientes, e mesmo contraproducentes.
  2. A crise económica e social que se está a desenvolver é unha consecuencia da crise ecolóxica en, en particular, da ausencia de respostas á crise enerxética que comezara a mediados da pasada década e que de contado se ha incrementar e agravar de forma evidente e moi acelerada, segundo os mellores estudos científicos dos últimos anos.
  3. As consecuencias da crise ecolóxica, climática e enerxética son existenciais. O irreparable dano que estamos a causar aos sistemas de soporte da vida na Terra, e á vida mesma, está virándose xa contra nós, e a crise enerxética (a raíz da fin da enerxía fósil abundante e da incapacidade das chamadas enerxías renovables para a substituír en usos e escala) ha impedir a posta en marcha de respostas que se cadra noutrora foron viables.
  4. O actual paradigma socieconómico de desenvolvemento industrial, caracterizado polo seu curtopracismo e individualismo metodolóxico, resulta progresivamente disfuncional e é intrinsecamente incapaz de abordar estes problemas. Neste marco, a consideración da información como produto empece que estas cuestións, consideradas incómodas ou inaxeitadas para o propósito empresarial, cheguen ao gran público e poidan ser obxecto de debate aberto.
  5. A tecnoloxía é necesaria para facilitar certos procesos individuais e sociais, así como para o progreso e a prosperidade da Humanidade. Porén, o discurso dominante que afirma que a tecnoloxía é a única resposta válida ou viable aos devanditos problemas é profundamente erróneo e altamente perigoso. Non hai —nin presumiblemente haberá— tecnoloxía avanzada que non requira do concurso da enerxía fósil, nin tampouco unha meirande complexidade tecnolóxica sen un aumento da enerxía neta e da dispoñibilidade dos materiais que os sistemas precisan para o seu deseño, fabricación, funcionamento e desmantelamento. E se, como estamos a comprobar, a enerxía neta diminúe e os diversos materiais escasean, non vai ser posible desenvolver á escala que sería precisa sistemas tecnolóxicos axeitados a tempo de evitar ou mesmo amortecer o dano.
  6. O paradigma cultural confínanos nunha burbulla perceptiva intramuros que limita a consideración do dano ecolóxico e ético extramuros. Mais o cerco estase a estreitar a gran velocidade; a actual pandemia nos está a amosar un exemplo moderado do que está por vir.

Moitas das persoas abaixo asinantes somos coñecidas e recoñecidas pola nosa actividade divulgativa de todos estes problemas de sustentabilidade. Compartimos niveis de formación e ocupación de alto ou moi alto nivel e responsabilidade. Non estamos a especular. Coñecemos ampla e profundamente os fundamentos e implicacións das proposicións que enunciamos e sabemos que as conclusións que dominan o discurso da sociedade non están fundamentadas na mellor ciencia dispoñible, ao non ter en consideración suficiente os límites físicos e sociais.
Aínda que o intre preciso no que esta crise multifactorial vaia ser publicamente percibida como a auténtica emerxencia global que constitúe sexa difícil de predicir con precisión, moitos e moitas cremos que nos atopamos xa inexorablemente inmersos nunha crise civilizatoria de orixe cultural e moral sen precedentes na historia da Humanidade.

En 2014, o manifesto Derradeira chamada, subscrito, entroutros por persoas da política —varias delas actualmente en cargos con responsabilidade de goberno— advertía:

“Hoxe acumúlanse as noticias que indican que a vía do crecemento é xa un xenocidio a cámara lenta. O declive na dispoñibilidade de enerxía barata, os escenarios catastróficos da mudanza climática e as tensións xeopolíticas polos recursos mostran que as tendencias de progreso do pasado están a crebarse. Fronte a este desafío non abondan os mantras cosméticos do desenvolvemento sustentábel, nin a mera aposta por tecnoloxías ecoeficientes, nin unha suposta economía verde que encobre a mercantilización xeralizada de bens naturais e servizos ecosistémicos.”

Quen subscribimos esta declaración e denuncia compartimos este diagnóstico, mais albergamos respostas diversas en relación á forma de abordarmos os problemas e retos aos que nos enfrontamos. Así e todo, un criterio que mantemos en común é a imperiosa e urxente necesidade dun decrecemento (material e enerxético) sistémico, ordeado, xusto e democrático, especialmente o dos países e individuos con máis alto poder adquisitivo, entre os que nos encontramos unha parte maioritaria das persoas do mundo occidental (Un 10% da poboación mundial é responsable de preto do 50% das emisións de CO2.)

Son estes os principais responsables do acelerado deterioro da situación e da omisión dos descomunais riscos que representa para o desenvolvemento humano e para a vida presente e futura sobre o planeta, a maioría dos cales seguen sen ter presenza de abondo nos medios de comunicación.
Con toda probabilidade son as nosas posición e obxeccións en contra do crecemento económico perpetuo como pilar fundamental do desenvolvemento humano, solidamente baseadas, as que motivan a censura das expresións libres que as describen con rigor. A ocultación á opinión pública da situación e da problemática que describimos e denunciamos é precisamente a causa de que o decrecemento e as propostas da Economía Ecolóxica aparezan aínda como insuficientemente desenvoltas.

En consecuencia, como resposta a este espurio e arbitrario comportamento de Facebook e como medida de protesta e de presión, algúns e algunhas de nós que aínda mantiñamos un perfil nesta rede social tomamos a decisión de cesar toda actividade nela.

Como colectivo esiximos aos responsables da rede social Facebook que respecten e liberdade de expresión e, singularmente, a de base científica, e que en calquera caso, restitúan a integridade e bo nome dos blogs censurados.

E finalmente, da mesma maneira, demandamos aos poderes públicos e aos medios de comunicación que comecen a outorgan a estas perspectivas a importancia e a relevancia cruciais que resultan acordes coa gravidade da situación na que nos atopamos.

Subscriben este texto

(Consúltese a listaxe actualizada en: https://ustednoselocree.com/background-climatico/otros/firmantes/)

Academia

Ciencias económicas

Federico Aguilera Klink

Catedrático jubilado de Economía Aplicada
Universidad de La Laguna
Premio Nacional de Economía y Medio Ambiente, 2004

Federico Demaria

Doctor en Ciencias Económicas
Profesor de Economía Ecológica y Ecología Política
Institut de Ciència i Tecnologia Ambientals
Universitat Autònoma de Barcelona

José Anastasio Urra Urbieta

Doctor en Ciencias Económicas
Profesor Titular, Departamento de Dirección de Empresas
Director del Máster en Consultoría Estratégica
Facultad de Economía, Universitat de València

Blog LinkedIn: José Anastasio Urra Urbieta
Facebook: José Anastasio Urra Urbieta

Enric Tello Aragay

Historiador Ambiental
Catedrático de la Facultad de Economía y Empresa
Universitat de Barcelona

José Manuel Naredo Pérez

Doctor en Economía
Profesor “Ad Honorem”, Departamento de Urbanística y Ordenación del Territorio
ETS de Arquitectura, Universidad Politécnica de Madrid

Premio Nacional de Medio Ambiente 2000
Premio Internacional Geocrítica 2008
Panda de Oro 2011 (WWF)
Premio Fundación Fernando González Bernáldez, 2018

Óscar Carpintero

Doctor en Ciencias Económicas
Profesor Titular de Economía Aplicada
Universidad de Valladolid

Vicent Cucarella

Economista
Instituto Valenciano de Investigaciones Económicas (Ivie), Técnico investigador
Actual Síndic Major, Sindicatura de Comptes, Comunitat Valenciana

Xoán R. Doldán García

Decano de la Facultad de Ciencias Económicas
Universidad de Santiago de Compostela

Ciencias físicas, ingeniería y matemáticas

Antonio Turiel Martínez

Doctor en Ciencias Físicas y Matemáticas, Investigador Sénior
Departamento de Física y Tecnología de los Océanos
Institut de Ciències del Mar, Consejo Superior de Investigaciones Cinetíficas (CSIC)
Blog: The Oil Crash
Canal Telegram: @TheOilCrash

Carlos de Castro Carranza

Doctor en Ingeniería
Profesor Titular del Departamento de Física Aplicada
Grupo de Energía, Economía y Dinámica de Sistemas (GEEDS)
Universidad de Valladolid

Blog del GEEDS

Jordi Solé i Ollé

Doctor en Ciències Físiques
Universitat Rovira i Virgili
Coordinador del projecte de recerca europeu MEDEAS sobre límits ecosistèmics
Conseller de l’Instituto Resiliencia

Blog: Tempus Fugit

Margarita Mediavilla Pascual

Doctora en Ciencias Físicas, Profesora Titular del Departamento de Física Aplicada
Grupo de Energía, Economía y Dinámica de Sistemas
Escuela de Ingeniería, Universidad de Valladolid

Blog: Habas contadas

Ciencias biológicas y ambientales

Olga Margalef Marrasé

Doctora en Ciencias Geológicas
Investigadora post-doctoral, CREAF
Profesora Asociada, Departamento de Geología
Universitat Autònoma de Barcelona

Marta Conde Puigmal

Investigadora Recercaixa
Universitat Pompeu Fabra
Marie Curie Fellow
ICTA-UAB (Institut de Ciència i Tecnologia Ambientals, Universitat Autònoma de Barcelona)
Research & Degrowth Association, Presidenta

Web Research & Degrowth

Otras ciencias naturales, arquitectura e ingeniería

Antonio Aretxabala Díez

Geólogo
Investigador, Departamento de Ciencias de la Tierra
Universidad de Zaragoza

Ex-director técnico, Laboratorio de Arquitectura
Universidad de Navarra
Delegado del Ilustre Colegio Oficial de Geólogos de España (ICOG) (2012-2016)
Comunidad Foral de Navarra

Blog: Antonio Aretxabala

Alberto Matarán Ruiz

Profesor de Urbanismo y Ordenación del Territorio
Universidad de Granada

Twitter: @Albertomataran

Antonio Serrano Rodríguez

Doctor Ingeniero de Caminos. Economista
Catedrático prejubilado de Urbanística y Ordenación del Territorio
Escuela Superior de Arquitectura
Universidad Politécnica de Madrid

Esteban de Manuel Jerez

Doctor en Arquitectura, Profesor Titular de la Universidad de Sevilla
Responsable del Grupo de investigación ADICI-HUM810
Director de la revista Hábitat y Sociedad

Blog: Esteban de Manuel Jerez

Filosofía y ciencias sociales

Carmen Madorrán Ayerra

Profesora, Departamento de Filosofía
Universidad Autónoma de Madrid

Carmen Velayos Castelo

Profesora titular, Filosofía Moral y Política
Universidad de Salamanca

Emilio Santiago Muiño

Doctor en Antropología, Profesor de Filosofía
Universidad de Zaragoza

Blog: Enfants perdidos

Marta Tafalla

Doctora en Filosofía
Profesora, Universidad Autónoma de Barcelona

Twitter: @TafallaMarta

Jordi Pigem Pérez

Doctor en Filosofía, especializado en Filosofía de la Ciencia. Ensayista.
Universitat de Barcelona

Jorge Riechmann Fernández

Doctor en Ciencias Políticas, Licenciado en Matemáticas, Poeta. Ensayista.
Profesor titular de Filosofía Moral
Departamento de Filosofía
Universidad Autónoma de Madrid

Codirector del Diploma de Especialización en Sostenibilidad, Ética Ecológica y Educación Ambiental
Codirector del Máster en Humanidades Ecológicas, Sustentabilidad y Transición Ecosocial
Universitat Politècnica de València / Universidad Autónoma de Madrid

Blog: Tratar de comprender, tratar de ayudar

José Albelda

Doctor en Bellas Artes
Codirector del Diploma de Especialización en Sostenibilidad, Ética Ecológica y Educación Ambiental
Codirector del Máster en Humanidades Ecológicas, Sustentabilidad y Transición Ecosocial
Universitat Politècnica de València / Universidad Autónoma de Madrid

Pablo Ángel Meira Cartea

Doctor en Ciencia de la Educación
Profesor Titular de Educación Ambiental
Universidad de Santiago de Compostela

Joám Evans Pim

Doutor em Ciências Sociais
Professor na Åbo Akademi University e Universitat Jaume I
Diretor do Center for Global Nonkilling

Ciencias de la información

José Luis Piñuel Raigada

Catedrático Emérito, Facultad de Ciencias de la Información
Universidad Complutense de Madrid

Núria Almiron Roig

Profesora titular del Departamento de Comunicación, Universitat Pompeu Fabra
Directora del proyecto THINKClima

Web del proyecto THINKClima

Rogelio Fernández Reyes

Doctor en Periodismo. Universidad de Sevilla

Sector privado

Instituto Resiliencia

Manuel Casal Lodeiro

Presidente, Instituto Resiliencia, Galicia
Director, revista 15/15\15

Web de la Revista 15/15\15
Blog: (Des)varia materia

Esteban Bernatas Chassaigne

Consejero del Instituto Resiliencia

Estudios energéticos

Daniel Gómez Cañete

Presidente. Asociación para el Estudio de los Recursos Energéticos (AEREN)
Miembro del panel Internacional de The Association for the Study of Peak Oil and Gas (ASPO)

Pedro Prieto Pérez

Ingeniero de Telecomunicación
Vicepresidente. Asociación para el Estudio de los Recursos Energéticos (AEREN)
Miembro del panel Internacional de The Association for the Study of Peak Oil and Gas (ASPO)

Blog: Crisis energética

Periodismo y comunicación

Cristina Ribas

Professora associada de Periodisme digital
Universitat Pompeu Fabra
Expresidenta de la Associació Catalana de Comunicació Científica (ACCC)

Twitter: @cristinaribas

Ferran Puig Vilar

Ingeniero Superior de Telecomunicación
Consejero del Instituto Resiliencia
Ex-presidente Asociación de Prensa Profesional

Blog: Usted no se lo Cree

Francesc Baiges Planas

Periodista
Sicom (Solidaritat i Comunicació)

Frederic Pahisa i Fontanals

Periodista
Sicom (Solidaritat i Comunicació)

Josep Cabayol

Periodista
Director, Sicom (Solidaritat i Comunicació)

Jordi Vilardell Gómez

Periodista televisivo especializado en crisis climática y de biodiversidad
Documentales: Latituds

Santiago Álvarez Cantalapiedra
Doctor en Economía Internacional, Universidad Complutense de Madrid
Licenciado en Ciencias Económicas y Empresariales, Universidad de Valladolid
Director de la revista PAPELES de Relaciones Ecosociales y Cambio Global

Activismo

Juan Bordera Romá

Guionista
El Salto, CTXT.es
Red de transición de València

Begoña de Bernardo

Promotora del Centro para la Resiliencia Pousadoira
Presidenta de Véspera de Nada

Web del Centro para la Resiliencia Pousadoira

Francisco Segura

Coordinador confederal
Ecologistas en Acción

Javier Andaluz

Coordinador de energía y cambio climático
Ecologistas en Acción

Luis Domínguez Rodríguez

Grupo de decrecimiento “Hasta aquí hemos llegado

Luis González Reyes

Doctor en Ciencias Químicas
Ecologistas en Acción

Libro: En la espiral de la energía

Luis Rico

Coordinador confederal
Ecologistas en Acción

Marcos Rivero Cuadrado

La Transicionera

Moisès Casado

Extinction/Rebellion, Barcelona

Moisés Rubio Rosendo

Coordinador de Formación e Investigación
Solidaridad Internacional Andalucía

Pepa Úbeda

ATTAC València

Virginia Soler (Birch)

Fridays for Future
Canal YouTube: https://www.youtube.com/channel/UCjqTWZUV0F0t5r5bjHSUbVw

Yayo Herrero

Antropóloga, Ingeniera
Foro Transiciones

Web del Foro Transiciones

Otros

Alberto Fraguas Herrero

Biólogo
Director Ejecutivo, Instituto de Estudios de la Tierra

David González

Sustraiak Habitat Design, País Vasco

Instituciones


O Instituto Resiliencia (entidade con sede en Ames, Galicia) dá o seu apoio a esta acción colectiva de denuncia.

O Instituto Resiliencia é parte integrante do Centro de Saberes para a Sustentabilidade (RCE-Galicia), oficialmente recoñecido pola Universidade das Nacións Unidas.



Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.