Apresentada proposta para a Comissão de Reconstrução Económica e Social do Parlamento espanhol
Esta semana o Instituto Resiliencia, entidade que fai parte do Centro de Saberes para a Resiliencia, remitiu ao grupo de traballo sobre Reactivación Económica da Comisión para a Reconstrución Social e Económica que se constituíra no Parlamento español co obxectivo de orientar as políticas do goberno de España para a recuperación posterior á pandemia de COVID-19, un documento cunha serie de recomendacións.
O documento contou coa colaboración doutras entidades como o GEEDS (Grupo de Energía, Economía y Dinámica de Sistemas) da Universidade de Valladolid, o GinTRANS2 (Grupo de investigación TRANSdisciplinar sobre TRANSiciones socioecológicas) e AEREN (Asociación para el Estudio de los Recursos ENergéticos).
O documento contén unha Proposta Básica que parte dun documento previo de recomendacións dirixidas en novembro de 2018 ao Ministerio para a Transición Ecolóxica como achega á elaboración do Proxecto de Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética. O Instituto Resiliencia e as entidades colaboradoras solicitan á Comisión “la comparecencia ante la Comisión de algunas de […] personas expertas en Economía Ecológica, Metabolismo Socioeconómico y Modelización de la Transición Energética, procedentes de universidades y otras instituciones de investigación españolas, para determinar si existe fundamento científico para considerar viable mantener el crecimiento económico en términos de PIB.”