Remata a 4ª tempada do programa de radio «Vivirmos nun mundo finito»

Remata a 4ª tempada do programa de radio «Vivirmos nun mundo finito»

Vivirmos nun mundo finito, programa de Ames RadioRematou a 4ª tempada do programa Vivirmos nun mundo finito que se emite nas ondas da emisora municipal Ames Radio, conducido por Manuel Casal Lodeiro en nome do Instituto Resiliencia e da asociación Ames Pospetróleo, a 2ª que se realiza como parte das actividades do Centro de Saberes para a Sustentabilidade.

Velaquí unha lista dos programas que conformaron esta tempada:

  • Programa nº 39, 18/02/2019: “Desde o Reino Unido: a actualidade das Transition Towns e o movemento Extinction Rebellion”. Entrevista: Marcos Rivero. Tema musical: Martha Tilston. [Escoitalo en iVoox]
  • Programa nº 40, 25/02/2019: “Ecos desde Francia”. Entrevista: Esteban Bernatas. Tema musical: PANG feat. MonkeyMix. [Escoitalo en iVoox]
  • Programa nº 41, 04/03/2019: “Comunicar o colapso”. Tema musical: MJ Pérez. [Escoitalo en iVoox]
  • Programa nº 42, 11/03/2019: “Reducir a pegada do noso consumo dixital”. Tema musical: MJ Pérez. [Escoitalo en iVoox]
  • Programa nº 43, 18/03/2019: “Ecofeminismo: as mulleres ante o colapso”. Entrevista: Begoña de Bernardo. Tema musical: CocoRosie. [Escoitalo en iVoox]
  • Programa nº 44, 25/03/2019: “Os grupos políticos de Ames ante a emerxencia climático-enerxética (1): Ames Novo”. Entrevista: Quique Costas. Tema musical: Paul Winter. [Escoitalo en iVoox]
  • Programa nº 45, 01/04/2019: “Os grupos políticos de Ames ante a emerxencia climático-enerxética (2): Contigo Pódese”. Entrevista: Eusebio Ónega. Tema musical: José Afonso. [Escoitalo en iVoox]
  • Programa nº 46, 08/04/2019: “Xeopolítica dun mundo finito… e escagallado”. Tema musical: Ana Luiza Brown. [Escoitalo en iVoox]
  • Programa nº 47, 15/04/2019: “Xeopolítica dun mundo finito… e escagallado (2ª parte)”. Tema musical: Exército Chinés. [Escoitalo en iVoox]
  • Programa nº 48, 22/04/2019: “O Green New Deal”. Entrevista: Marcos Rivero. Tema musical: Creedence Clearwater Revival. [Escoitalo en iVoox]
  • Programa nº 49, 29/04/2019: “Os grupos políticos de Ames ante a emerxencia climático-enerxética (3): BNG”. Entrevista: David Santomil. Tema musical: Aspergillus de Coira. [Escoitalo en iVoox]


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.