Charla sobre economía, enerxía e colapso na Coruña

Charla sobre economía, enerxía e colapso na Coruña

Enerxía, economía e colapso civilizatorioO pasado venres tivo lugar na Coruña unha conferencia-debate baixo o título “Enerxía, economía e colapso civilizatorio” a cargo de Manuel Casal Lodeiro, coordenador do Instituto Resiliencia, entidade membro do CSS. A charla foi organizada por ATTAC-Galicia, e tivo lugar no local da libraría Berbiriana na R/ Santiago.

Na conferencia e posterior debate co público asistente tratáronse temas como o teito dos combustibles fósiles, a mudanza climática, o sistema agroalimentar, as mudanzas precisas a nivel social, comunitario e persoal para aumentar a resiliencia ante o colapso da civilización industrial. Foi central a cuestión da poboación humana e cómo esta ten superado a capacidade de carga do planeta —momentaneamente— grazas á enerxía achegada polos combusibles fósiles, e como o seu fin abócanos a un colapso poboacional e á necesidade de reducirmos drasticamente o noso consumo per cápita para aminorar no posible esa prevista mortandade.



Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.