Etiqueta: instituto resiliencia

Resiliencia y poscrecimiento en el Estado español (2023-2033). Propuesta para el proyecto de país de Sumar

Resiliencia y poscrecimiento en el Estado español (2023-2033). Propuesta para el proyecto de país de Sumar

En outono de 2022 o Instituto Resiliencia entregou a Yayo Herrero, coordinadora de propostas para o proxecto político Sumar na área de Transición Ecolóxica Xusta, o documento que hoxe facemos público e ofrecemos para descarga e libre consulta, tras un proceso de elaboración colaborativa no 

O grupo Petrocenitales cumpre unha década

O grupo Petrocenitales cumpre unha década

Unha década compartindo información, debates e estratexias entre un número de científicos, divulgadores, activistas e persoas que participan activamente en política, que xa está preto de alcanzar as 100 persoas.

Proposta presentada á Comisión para a Reactivación pos-COVID19 do Parlamento Galego

Proposta presentada á Comisión para a Reactivación pos-COVID19 do Parlamento Galego

Resiliencia, reagrarización e poscrecemento na Galicia pos-COVID19Vense de presentar un informe elaborado por Manuel Casal Lodeiro, coordinador do Instituto Resiliencia, como achega aos traballos da Comisión non permanente especial de estudo sobre a reactivación económica, social e cultural de Galicia pola crise da covid-19 que se creara no outono de 2020 no Parlamento galego.

O documento, que leva por título Resiliencia, Re-agrarización e Poscrecemento na Galicia pos-COVID19, contou coas achegas de numerosos especialistas nestas cuestións tanto do noso país como do ámbito español.

O documento está dispoñible para descarga neste web do Centro de Saberes para a Sustentabilidade, dentro de cuxa misión se encaixa:

Download “Resiliencia, Re-agrarización e Poscrecemento na Galicia pos-COVID19” Proposta-IR-para-Comision-de-Reactivacion-Galicia-202101-v1-4.pdf – Downloaded 296 times – 933,71 KB

A continuación reproducimos a sección de “Conclusións e resumo da proposta”:

Continue reading Proposta presentada á Comisión para a Reactivación pos-COVID19 do Parlamento Galego

Achega do Instituto Resiliencia ao debate das ANPAs galegas sobre o ensino no rural

Achega do Instituto Resiliencia ao debate das ANPAs galegas sobre o ensino no rural

Convidados pola ANPA As Brañas da localidade de Ames, onde ten situada a súa sede, o Instituto Resiliencia elaborou un breve documento cunha serie de comentarios e recomendacións de cara ao proceso de impulso dun Plan específico para o ensino no rural galego.

Análisis crítico do anunciado Plan de Recuperación e Resiliencia do Goberno español

Análisis crítico do anunciado Plan de Recuperación e Resiliencia do Goberno español

“Es imprescindible aceptar un cierto grado de ‘triaje civilizatorio’ si pretendemos hacer más resilientes las funciones básicas de la sociedad: renunciar a lo prescindible para asegurar lo imprescindible”

Contra a censura arbitraria de Facebook á divulgación da ciencia académica

Contra a censura arbitraria de Facebook á divulgación da ciencia académica

Captura dunha mensaxe de bloqueo de Facebook ao intentar compartir un artigo de Ferran Puig Vilar.
Quen subscribimos este texto —un amplo grupo de persoas do ámbito da ciencia, a filosofía, a economía, a enxeñaría e a divulgación da crise ecolóxica e da crise climática e enerxética— denunciamos a censura por parte de Facebook de narrativas con base científica comprobable aínda que non coincidentes co discurso oficial que chega ao gran público e mais aos profesionais.

Así, a divulgadora científica británica Gaia Vince, que publica en Science, New Scientist e The Guardian, veu o seu web recentemente censurado por Facebook.

No Estado Español está censura vense de iniciar co bloqueo por parte de Facebook ás ligazóns ao blog sobre Mudanza Climática e temas relacionados Usted no se lo cree, de Ferran Puig Vilar, fundado en 2009 e galardonado pola Fundación Bioversidad, premio que fora entregado no seu día pola actual Ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera.

Continue reading Contra a censura arbitraria de Facebook á divulgación da ciencia académica

Publicado o nº -10 1/2 da revista 15/15\15

Publicado o nº -10 1/2 da revista 15/15\15

Saiu do prelo un novo libro compilatorio da Revista 15/15\15 para unha nova civilización. Este volume de inverno boreal 2019-20 ten os seguintes contidos: Editorial “El año del Green New Deal” Analysis + Reflexio “Entrevista con Serge Latouche: «Los valores sobre los que descansa el 

Sae do prelo do nº -11 da revista 15/15\15

Sae do prelo do nº -11 da revista 15/15\15

Hoxe día 15 o Instituto Resiliencia recibiu os exemplares artesanalmente encadernados do novo libro compilatorio da Revista 15/15\15 para unha nova civilización. Este número será o terceiro desta serie publicado dentro das actividades do CSS, e terá os seguintes contidos, en galego-português, castelán e catalán: 

Principio de precaución vs. Falacia do presente permanente

Principio de precaución vs. Falacia do presente permanente

Manuel Casal Lodeiro, coordinador do Instituto Resiliencia, unha das entidades que fan parte do Centro de Saberes para a Sustentabilidade, vén de publicar un artigo na sección Ás Ceibas da revista Luzes, do que ofrecemos aquí a versión completa co seu título orixinal.

Principio de precaución vs. Falacia do presente permanente

A práctica totalidade das políticas públicas deseñadas e postas en andamento na actualidade en calquera país do mundo, aséntase sobre unha falacia lóxica: considerar que, mutatis mutandis, todo vai ser como até o de agora. Aínda por riba isto atenta fondamente contra un principio supostamente sagrado, malia non exento de polémicas permanentes encol da súa aplicación, na política moderna: o principio de precaución.

Todos temos unha idea intuitiva da importancia da precaución, e coñecemos casos nos que se aplica, como principio, ás políticas públicas, nomeadamente no que atinxe ao medio ambiente e á saúde pública. Moito máis descoñecida, porén, é a falacia que o pensador ecoloxista británico David Fleming denominara “the Fallacy of the Permanent Present” (no seu libro Lean Logic: A Dictionary For the Future) e pola que se lle dá un peso indebido ás condicións do presente cando temos que considerar unha opción con consecuencias a longo prazo.

{Ler o artigo completo no blog do autor}

Propostas para a Lei de Mudanza Climática e Transición Enerxética

Propostas para a Lei de Mudanza Climática e Transición Enerxética

A pasada semana un grupo de científicos e activistas, coordinados polo Instituto Resiliencia (entidade membro do CSS) remitiu un documento analizando as eivas da Lei de Mudanza Climática e Transición Enerxética que prepara o goberno español (aínda na súa versión borrador) e facendo toda unha