Recent Posts

Proposta presentada á Comisión para a Reactivación pos-COVID19 do Parlamento Galego

Proposta presentada á Comisión para a Reactivación pos-COVID19 do Parlamento Galego

O documento, que leva por título “Resiliencia, Re-agrarización e Poscrecemento na Galicia pos-COVID19”, contou coas achegas de numerosos especialistas nestas cuestións tanto do noso país como do ámbito español.

Achega do Instituto Resiliencia ao debate das ANPAs galegas sobre o ensino no rural

Achega do Instituto Resiliencia ao debate das ANPAs galegas sobre o ensino no rural

Convidados pola ANPA As Brañas da localidade de Ames, onde ten situada a súa sede, o Instituto Resiliencia elaborou un breve documento cunha serie de comentarios e recomendacións de cara ao proceso de impulso dun Plan específico para o ensino no rural galego.

A Pinga e Lavandeira gañan o premio RCE 2020 á innovación pedagóxica

A Pinga e Lavandeira gañan o premio RCE 2020 á innovación pedagóxica

A xurado do Instituto para o Estudo Avanzado da Sustentabilidade da Universidade das Nacións Unidas voltou a escoller este ano un proxecto do Centro de Saberes para a Sustentabilidade para outorgar un dos seus galardóns de “Proxecto Insignia Extraordinario” (Outstanding Flagship Project) na 9ª edición dos seus Premios RCE para proxectos innovadores de educación para o desenvolvemento sustentábel.

Se o ano pasado a instititución galega recibía este galardón, que recoñece as mellores iniciativas pedagóxicas a nivel mundial no ámbito da sustentabilidade, polo libro infantil “A mina contamina”, o documentario “San Finx 1960” e dúas unidades didácticas asociadas que explicaban os impactos da minaría de xeito comprensíbel para todos os públicos, este ano a Universidade da ONU decidiu distinguir un espectáculo de monicreques basado no proxecto anterior.

O Centro de Saberes para a Sustentabilidade deciciu producir e tornar público o vídeo do espectáculo a raíz da situación causada pola COVID, que imposibilitou a xira dos monicreques polo país que estaba a ser preparada. Deste modo, ofrécese de xeito gratuito xunto co libro infantil, unidades didácticas e documentario para que familias, centros e colectivos de todo tipo poidan utilizalos para entender mellor as consecuencias ambientais e sociais da minaría, en particular a contaminación por metais pesados.

Este ano, a iniciativa galega foi un dos 9 proxectos de todo o mundo que alcanzaron a máxima categoría de “Proxecto Insignia Extraordinario”, reservado para as propostas máis innovadoras e mellor fundamentadas desde o punto de vista pedagóxico e científico. “A mina cotamina” xa despertou interese noutros lugares do mundo, con iniciativas e solicitudes para traducir os materiais para o inglés, castellano e serbo-bosnio-croata.

Participaron na elaboración deste proxecto do Centro de Saberes para a Sustentabilidade, a Fundação Montescola, a produtora cultural Axóuxere, o grupo Barahúnda e a Asociación Bubela de Abuín, contando ademais coa colaboración do Concello de Rianxo, a Rede ContraMINAcción, a Guerilla Foundation e a Plataforma PLADEMAR.

Análisis crítico do anunciado Plan de Recuperación e Resiliencia do Goberno español

Análisis crítico do anunciado Plan de Recuperación e Resiliencia do Goberno español

“Es imprescindible aceptar un cierto grado de ‘triaje civilizatorio’ si pretendemos hacer más resilientes las funciones básicas de la sociedad: renunciar a lo prescindible para asegurar lo imprescindible”

Contra a censura arbitraria de Facebook á divulgación da ciencia académica

Contra a censura arbitraria de Facebook á divulgación da ciencia académica

Quen subscribimos este texto —un amplo grupo de persoas do ámbito da ciencia, a filosofía, a economía, a enxeñaría e a divulgación da crise ecolóxica e da crise climática e enerxética— denunciamos a censura por parte de Facebook de narrativas con base científica comprobable aínda 

Presentada proposta para a Comisión de Reconstrución Económica e Social do Congreso dos Deputados

Presentada proposta para a Comisión de Reconstrución Económica e Social do Congreso dos Deputados

Pág. 1 de la Propuesta enviada por el Instituto Resiliencia al Congreso de los DiputadosEsta semana o Instituto Resiliencia, entidade que fai parte do Centro de Saberes para a Resiliencia, remitiu ao grupo de traballo sobre Reactivación Económica da Comisión para a Reconstrución Social e Económica que se constituíra no Parlamento español co obxectivo de orientar as políticas do goberno de España para a recuperación posterior á pandemia de COVID-19, un documento cunha serie de recomendacións.

O documento contou coa colaboración doutras entidades como o GEEDS (Grupo de Energía, Economía y Dinámica de Sistemas) da Universidade de Valladolid, o GinTRANS2 (Grupo de investigación TRANSdisciplinar sobre TRANSiciones socioecológicas) e AEREN (Asociación para el Estudio de los Recursos ENergéticos).

O documento contén unha Proposta Básica que parte dun documento previo de recomendacións dirixidas en novembro de 2018 ao Ministerio para a Transición Ecolóxica como achega á elaboración do Proxecto de Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética. O Instituto Resiliencia e as entidades colaboradoras solicitan á Comisión “la comparecencia ante la Comisión de algunas de […] personas expertas en Economía Ecológica, Metabolismo Socioeconómico y Modelización de la Transición Energética, procedentes de universidades y otras instituciones de investigación españolas, para determinar si existe fundamento científico para considerar viable mantener el crecimiento económico en términos de PIB.”

Pódese descargar desde o web do Congreso.

Publicado o nº -10 1/2 da revista 15/15\15

Publicado o nº -10 1/2 da revista 15/15\15

Saiu do prelo un novo libro compilatorio da Revista 15/15\15 para unha nova civilización. Este volume de inverno boreal 2019-20 ten os seguintes contidos: Editorial “El año del Green New Deal” Analysis + Reflexio “Entrevista con Serge Latouche: «Los valores sobre los que descansa el 

Sae do prelo do nº -11 da revista 15/15\15

Sae do prelo do nº -11 da revista 15/15\15

Hoxe día 15 o Instituto Resiliencia recibiu os exemplares artesanalmente encadernados do novo libro compilatorio da Revista 15/15\15 para unha nova civilización. Este número será o terceiro desta serie publicado dentro das actividades do CSS, e terá os seguintes contidos, en galego-português, castelán e catalán: 

Principio de precaución vs. Falacia do presente permanente

Principio de precaución vs. Falacia do presente permanente

Manuel Casal Lodeiro, coordinador do Instituto Resiliencia, unha das entidades que fan parte do Centro de Saberes para a Sustentabilidade, vén de publicar un artigo na sección Ás Ceibas da revista Luzes, do que ofrecemos aquí a versión completa co seu título orixinal.

Principio de precaución vs. Falacia do presente permanente

A práctica totalidade das políticas públicas deseñadas e postas en andamento na actualidade en calquera país do mundo, aséntase sobre unha falacia lóxica: considerar que, mutatis mutandis, todo vai ser como até o de agora. Aínda por riba isto atenta fondamente contra un principio supostamente sagrado, malia non exento de polémicas permanentes encol da súa aplicación, na política moderna: o principio de precaución.

Todos temos unha idea intuitiva da importancia da precaución, e coñecemos casos nos que se aplica, como principio, ás políticas públicas, nomeadamente no que atinxe ao medio ambiente e á saúde pública. Moito máis descoñecida, porén, é a falacia que o pensador ecoloxista británico David Fleming denominara “the Fallacy of the Permanent Present” (no seu libro Lean Logic: A Dictionary For the Future) e pola que se lle dá un peso indebido ás condicións do presente cando temos que considerar unha opción con consecuencias a longo prazo.

{Ler o artigo completo no blog do autor}

Propostas para a Lei de Mudanza Climática e Transición Enerxética

Propostas para a Lei de Mudanza Climática e Transición Enerxética

A pasada semana un grupo de científicos e activistas, coordinados polo Instituto Resiliencia (entidade membro do CSS) remitiu un documento analizando as eivas da Lei de Mudanza Climática e Transición Enerxética que prepara o goberno español (aínda na súa versión borrador) e facendo toda unha